O
OO
OS RÍOS DE
S RÍOS DES RÍOS DE
S RÍOS DE
GALICIA
GALICIA GALICIA
GALICIA
ÍNDICE
Os ríos : conceptos
Os ríos de Galicia :
* Características xerais.
* A vertente atlántica
* A vertente cantábrica
* O aproveitamento dos ríos.
* Mapas
* O Miño cara ao atlántico.
OS RÍOS
Conceptos
Afluente: Corrente de auga que desemboca nun río
Caudal: Cantidade de auga que leva un río .
Cunca: Zona que verte as augas a un río
Curso alto:
Tramo do río no que hai unha forte
actividade de arrastre de materiais
Curso baixo: Tramo do río no que se van depositando
os materiais transportados
Curso medio: Tramo do río no que que domina
actividade de transporte de materiais
Delta: Illa ou conxunto de illas que conforman un
triángulo na desembocadura dun río entre os brazos
deste.
Esteiro: Lugar onde desemboca unha corrente de auga
no mar de modo que forma un golfo
Ría: Entrada prolongada do mar na terra asolagando a
parte final dun río
Río: Corrente de auga que desemboca no mar ou
noutro río .
Vertente: Conxunto
de terras con augas que van parar
ó mesmo mar.
Os ríos de Galicia
Características xerais.
Os ríos de Galicia son cortos e caudalosos , xa
que o clima oceánico propicia un réxime de chuvias ,
en xeral constante , ao longo do ano .
Os ríos que discurren en dirección leste-oeste , son
os da vertente atlántica . Entre eles están os seguintes :
Miño, Tambre, Ulla , Anllóns, Oitavén , Xallas , Eume
Mandeo e Lérez
Os ríos que discurren en dirección sur-norte son os
da vertente cantábrica . Entre eles están os seguintes :
Sor , Eo e Landro .
O aproveitamento dos ríos.
Os principais aproveitamentos dos os en Galicia
son a produción de enerxía hidroeléctrica , a pesca
fluvial e o rego.
Galicia é unha das maiores produtoras de enerxía
eléctrica de España . Sendo os encoros as construcións
que permiten este aproveitamento.
Outros usos que teñen certa tradición secular é a
dos muiños , para poder moer o gran. E nalgunhas
zonas como vía de comunicación.
Ríos de Galicia
Observa neste mapa as diferentes formacións
montañosas que sirven de base para o nacemento dos
ríos. Nalgúns casos ,como os do norte , son ríos de
poucos Kilómetros de lonxitude , pero de caudal
constante todo o ano.
RÍOS DE GALICIA
Nacemento Desembocadura
Lonxitude
/ Kmts
Río Anllóns
Monte Xalo.Serra de
Montemaior
Océano Atlántico .Ría de
Corme e Laxe
54
Río Tambre
Montes de
Bocelo
Océano Atlántico Ría de
Muros e Noia
134
Río Eume
Serra do Xistral
Océano Atlántico .Ría de
Ares
80
Río Landro
Serra do Xistral
Mar Cantábrico. Praia de
Covas
42
Río Lérez
Monte de San Bieito
(Serra do Candán)
Océano Atlántico.Ría de
Pontevedra
62
Río Miño
Serra de Meira Océano Atlántico .A
Guarda
310
Río Ulla
Fonte de Ulla . Antas
de Ulla
Océano Atlántico .Ría de
Arosa
132
Río Xallas
Coristanco
Océano Atlántico.Ría de
Ézaro
65
Encoros de Galicia
De norte a sur e de leste a oeste os encoros
esténdense pola superficie galega , xerando unha
importante cantidade de enerxía eléctrica.
As cuncas dos ríos galegos
A cunca do complexo fluvial Miño-Sil ocupa
unha gran parte da superficie do territorio galego . A
menor escala están as cuncas do Ulla e do Tambre
O río Miño cara ao Atlántico .
Observa este debuxo que amosa , a groso modo, a
inclinación do bloque de relevo de Galicia e que te pode
explicar un feito como que a maioría dos ríos galegos ,
ao igual que o río Miño , van na dirección este - oeste .
Os ríos buscan o seu percorrido sorteando montañas
e buscando as zonas baixas e , simultaneamente ,
erosionando o terreno , nunha actividade feita ao longo
de miles de anos.